Cando se descubriu o BD+20 307, os investigadores fixáronse na enorme presenza de po que nel había. Agora, tras moitas investigacións e especulacións afirman que pode deberse a unha antiga colisión de obxectos do tamaño dun planeta.
Recreación da colisión
A cantidade de po quente do sistema binario BD+20 307 fai que apareza excepcionalmente brillante nas lonxitides de onda de infrarroxos.
E isto estrañou aos investigadores, posto que este po asociado coa formación dos planetas é detectado habitualmente arredor de estrelas novas, de poucos millóns de anos.
Porén, o BD+20 307 ten unha idade comparable ao noso Sistema Solar, isto é, uns cantos miles de millóns de anos.
Segundo os astrónomos, a presenza da grandes cantidades de po quente que se detectan neste sistema binario semella ser debida a unha colisión relativa próxima de dous obxectos do tamaño dun planeta, máis ou menos, como a Terra e Venus, por exemplo.
Esta descuberta podería converterse na primeira indicación de que os sistemas planetarios poden formarse ao redor de sistemas binarios próximos.
FWWWRANDO