Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
SÓ FALTA UNHA PROBA

Abel Lago roza o subcampionato mundial de kiteboarding

O surfeiro de Carnota ocupa o segundo lugar na clasificación xeral do campionato mundial de kiteboarding así como nas modalidades de rácing e ondas.

Redacción - 12:13 25/09/2008

Abel Lago ampliou, na última proba disputada en Brasil, a súa diferencia con respecto aos seus perseguidores, polo que se atopa en disposición de acadar o subcampionato mundial no último campionato que se disputará entre os días 1 e 9 do mes de novembro en Marrocos.

Lago tamén chegará ao país africano con serias posibilidades de vencer a modalidade de "ondas", na que vén de perder a primeira posición, ao ser superado despois de Brasil polo dominicano Jan Marcos Rivieras.

O primeiro lugar da clasificación xeral é para o estadounidense Jesse Richards, que con só 16 anos está abraiando a todos os seus rivais, xa que lidera a clasificación xeral absoluta, así como dúas das tres modalidades que a compoñen, e tamén a xeral júnior.

Espectáculo garantido
O kiteboarding é unha das modalidades máis espectaculares do surf. Nela o surfeiro vai enganchado a unha enorme cometa que lle permite facer espectaculares movementos suspendido no aire, polo que estas probas adoitan ofrecernos imaxes de grande impacto visual.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: