Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
A CRISE ECONÓMICA

O goberno alemán prognostica que EUA está a piques de perder a hexemonía financeira

O ministro de Economía, Peer  Steinbrück, sinala que a intervención dos poderes públicos evitou de momento o colapso.

Redacción - 11:25 25/09/2008

“O mundo non vai ser igual logo desta crise”, afirmou este xoves o ministro alemán de Economía, Peer  Steinbrück. O alto cargo vaticinou diante do Bundestag que EUA vai perder a curto prazo “o seu estatus como gran potencia do sistema financeiro internacional”.

Steinbrück lanzou mensaxes para tranquilizar a unha cidadanía que “non debe ter medo a perder os aforros”. A este respecto sinalou que as medidas dos bancos centrais están a funcionar contra a grave crise e que isto está a evitar o colapso. Porén, o ministro tampouco escondeu que a crise vai ter repercusións sociais. Así, prognosticou un aumento considerábel do paro nos vindeiros meses.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: