Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
MESA REDONDA EN OUTONARTE

Os artistas plásticos galegos teñen que marchar fóra do país para acadar proxección

No coloquio participaron o escritor Xulio López Varcárcel, o crítico Joaquín Lens, e as artistas Mar Caldas, Mirian Pérez e Neves Seara.

Redacción - 14:45 22/09/2008

A arte galega goza dun bo momento grazas a nomes illados, pero a maioría atópase cun mecenado institucional interesado, que non arrisca, e que actúa con criterios puramente mercantilistas. É unha das principais conclusións á que chegou un coloquio celebrado no ciclo de Outonarte, na Coruña, baixo o título de 'A creación hoxe, retos e oportunidades'. No debate participaron o escritor Xulio López Varcárcel, que exerceu de moderador, o crítico Joaquín Lens, as artistas Mar Caldas, Mirian Pérez e Neves Seara, e o director das salas de exposición municipais da Coruña, Jaime Oíza.

Os distintos convidados coincidiron en que os artistas galegos teñen que marcha fóra do país para acadar unha verdadeira proxección para a súa obra: "Os artistas plásticos galegos padecen unha situación periférica e consideran necesario instalarse nas metrópoles -Nova York ou Berlín- para que as súas obras teñan a proxección desexada".

Os participantes concordaron tamén no bo momento do que goza a arte galega, con artistas de primeira orde no concerto mundial como Leiro, Murado ou Antón Lamazares. Porén, advertiron igualmente de que a maioría dos artistas atopa "un mecenado institucional moitas veces interesado, que non arrisca e que actúa desde criterios puramente mercantís, e mesmo coa dificultade inherente a un mercado acoutado e conservador, no que priman os nomes e os valores seguros, máxime nun contexto económico desfavorable como é o actual", en palabras de Valcárcel.

Outra das conclusións da mesa é que resulta aconsellable o intercambio de exposicións, facéndoas, cando sexa posíbel, itinerantes, así como a colaboración entre as diversas institucións para optimizar esforzos e recursos. Nese sentido, os participantes razonaron que resulta antieconómico traer unha figura de prestixio e desembolsar unha alta suma para participar nun só acto, cando aproveitando a viaxe, e por pouco máis, podería intervir en diversos lugares.


3,67/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: