Acusan a Xunta e goberno español de incumprir as normativas ambientais.
"¡Ría contaminada, a conselleira non fai nada!" e "¡Touriño escoita, a ría está en loita!" foron algúns dos lemas que cantaron os participantes na manifestación, que percorreu as rúas do Burgo, entre a Casa dás Palmeiras (O Temple) e a praza de Europa. na marcha participaron pescadores e mmariscadores, acompañados por agrupacións ecoloxistas, veciños e políticos, cunha gran presenza de representantes de BNG e de Esquerda Unida de todos os municipios afectados, concelleiros do PP e mesmo algúns socialistas de Cambre e Culleredo que quixeron estar presentes na mobilización.
A Plataforma pola defensa da ría acusou ao Ministerio e á Consellería de Medio Ambiente de incumprir as normativas ambientais, de non actuar ante o atraso na construción e a posta en funcionamento da estación depuradora de Bens, e de non terminar o proxecto de saneamento de augas residuais.