... xa acada un manifesto e moi significativo rexeitamento social, síntoma do despropósito que supón reafirmarse en actuacións desproporcionadas e tamén desfasadas o non corresponderse coas demandas reais de transporte que se orientan, e cada vez máis claramente, pola potenciación dun transporte colectivo efectivo, competitivo e ecoloxico.
Dende ADEGA vimos de transmitir á Administración Autonómica o noso posicionamento diante dunhas actuacións que na sua maioría non teñen xustificación nin demanda efectiva, que supoñen graves atentados ao medio ambiente e afeccións paisaxisticas, a maiores de ignorar o tren e o transporte marítimo como medios alternativos e mesmo ignorar tamén as directrices de U.E. relativas a promover outros modos de transporte menos prexudiciais para a cidadanía, sustentables e respetuosos co medio ambiente.
En ADEGA cremos que, diante deste plan de infraestructuras, e vendo que con el se quere facer unha especie de declaración de intencións verbo dunha suposta equiparación do territorio co reparto de "autovías para todos" e en todos lados, e que co tempo e a evolución social e dos usos nos transportes boa parte destes proxectos serán radicalmente transformados no seu plantexamento, ou sinxelamente serán esquecidos por terse superado o actual modelo de desenvolvemento do sector e ter mudado a praxe política e economica demandantes, ate o de agora, destas mega infraestructuras de transporte por estrada, e tamén polo enormemente costoso que resulta para unha economia mudar de modelo por mor da actual crise, que cada vez máis as fai inamortizables a nivel social, encarecedoras da bolsa de impostos sociales e obsoletas en canto a modelo de sustentabilidade medioambiental.
Con esta prespectiva dende ADEGA recurrimos o plantexamento de modelo que subxace no conxunto do plan e tamén por ser exemplo caracteristico dos proxectos que contempla, alegamos, concretanto impactos e afeccións, respecto do de autovia dende Vigo ao poligono industrial en construcción en Nigán pola Zona Franca " Porto do Molle", por ser exemplo meridiano de multiplicación (non gratuita, senón pola contra moi cara en todos sensos ) de infraestructuras viarias cun irreversible impacto ambiental, paisaxistico, social, arqueoloxico e cultural.
Dende ADEGA demandamos da administración de infraestructuras viarias unha revisión a fondo e un troco de modelos hacia proxectos encamiñados ao aforro enerxetico e preservación mediambiental, e paisaxistica e tamén da habitabilidade territorial, para o que o transporte publico é o camiño lóxico, e o tren a asignatura pendente na que, inexplicablemente, non soio non se avanza, senón que se esta a perder terreo.