Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
PERMITE ATOPAR UNHA PALABRA ESPECÍFICA DENTRO DOS VÍDEOS DE YOUTUBE

Gaudi, o novo de Google para buscar arquivos de audio

A compañía estadounidense anuncia o lanzamento dunha nova ferramenta para o seu motor de busca: o Google Audio Indexing.

Redacción - 13:49 19/09/2008
Gaudi, unha nova ferramenta para Google

Gaudi, unha nova ferramenta para Google

Gaudi, ou Google Audio Indexing, ten o obxectivo de facilitar a busca de vídeos sen necesidade de visionalos enteiros. O que fai é empregar unha tecnoloxía capaz de indexar o son do vídeo para localizar o momento exacto do discurso que o usuario busca.

O funcionamento do Gaudi é moi similar que o do motor de busca de Google. Isto é, o usuario dispón dunha caixa en branco na que tecleará a palabra clave que precisa. Nese momento, o buscador marca en tódolos discursos o punto exacto onde se fai mención a esa consulta.

Polo de agora, o Gaudi, incluído dentro de Google Labs, só permite localizar discursos de vídeos políticos, xa que se está a centrar na campaña electoral estadounidense. No entanto, pronto será posible que se estenda a outro tipo de contidos.

FWWWRANDO


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: