Proxectaranse algúns dos filmes máis destacados do cinema galego recente, como 'O Bosque Animado', 'Onyria' ou o premiado 'Un Franco, 14 Pesetas'.
O cinema galego será protagonista na vindeira edición do Festival Internacional de Cine de Porto, que se desenvolverá na cidade entre o 16 de febreiro e o 1 de marzo. En edicións pasadas algunhas cinematografías convidadas foron as da India, Dinamarca, Bélxica, España, Hungría, Canadá, Austria, Xapón ou Holanda. Todas cunha traxectoria e un peso importantes. Neste ano o cinema do país, representado pola Axencia Audiovisual Galega, levará a Portugal unha destacada representación, na que xa está confirmada a proxección de O Bosque Animado, Onyria ou Un Franco, 14 Pesetas, que recibiu o grande premio da Semana dos Realizadores de Fantasporto 2007.
En canto ao resto da programación, os contactos realizados durante o Festival de Cannes 2008, permitirán ver en Porto algúns dos filmes máis destacados do ano, como Delta do húngaro Kornél Mundruczó, que obtivo o premio da crítica no festival francés. Tamén haberá un espazo para o cine a de Corea do Sur, coa presenza de Hansel & Gretel de Yim Phil-Sung e The Chaser de Na Hong-Jin, que acabam de ser premiados no mais importante festival de cinema fantástico surcoreano.
No festival realizaráselle unha homenaxe a José Fonseca e Costa, nome grande do cinema novo português que axudou a fundar con O Recado en 1972. A maior parte dos filmes do cineasta de orixe angolana están centrados na comedia de costumes, de que son exemplos Kilas, O Mau da Fita, Sem Sombra de Pecado e Viuva Rica Solteira não Fica ou no drama social e político como en A Balada da Praia dos Cães e Cinco Dias, Cinco Noites.