O colectivo nacionalista aproveita as súas XX xornadas de verán para celebrar outros tantos anos facendo país.
Cartaz das xornadas
Este venres comezou a XX edición das xornadas de verán de Galiza Nova, que terán lugar na provincia de Pontevedra e servirán para continuar a celebrar os vinte anos do colectivo nacionalista. As actividades comezarán a media tarde coa recepción por parte do Alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lóres, no Pazo da Cultura.
As actividades van desde roteiros por Pontevedra, Combarro ou Cotobade até prácticas deportivas como esgrima ou piragüismo. Celebrarase unha charla sobre os 20 anos de Galiza Nova, así como outras á volta de temáticas máis propias da zona, como a problemática ambiental causada por Ence, ou o papel do Partido Galeguista na comarca de Pontevedra.
Tampouco faltará a festa, que o venres chegará directamente de San Sadurniño co folk de Balakandra, no pub Cabaña de Pontevedra. O sábado os Cuchufellos serán os encargados de animar o ambiente ca súa peculiar mestura entre folk e ska.