Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Galiza-Norte de Portugal

O Eixo Norte terá unha capital cultural de seu

A nova Comisión de Cultura sumará peso político para as iniciativas do Eixo Atlântico diante dos estados español, portugués e a UE.

Redacción - 08:44 23/09/2008
Os concellos do Eixo

Os concellos do Eixo

A euro-rexión Galiza-Norte de Portugal terá unha capital cultural bienal a partires do 2009, segundo se anunciou na primeira reunión desta comisión, que iniciou funcións o pasado mércores 17.

O obxectivo da nova asociación transfronteiriza é coordinar as súas iniciativas e sumar maior peso político e eficacia diante dos estados español, portugués e a UE. Mário Dorminsky asumiu a presidencia da Comisión de Cultura, mentres que a súa homóloga de Ferrol Yolanda Díaz será a vicepresidenta.

Na nova Comisión de Cultura serán admisíbeis todas as modalidades artísticas integradas na programación cultural dos concellos, dende a banda deseñada até a música, pintura, literatura, teatro, fotografía ou cinema.

O Eixo Atlântico fora creado en 1992, integrado por 18 concellos -nove de cada banda da raia- e foi medrando progresivamente até os 34 concellos actuais. A presidencia do Eixo Norte é rotativa e asumida alternativamente por municipios da Galiza e do Norte de Portugal, sendo hoxe presidente desta asociación Luís Filipe Menezes.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: