Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
A desfeita financeira na economía real

"Cómpre mudar o modelo produtivo dunha vez por todas"

Aínda que algo máis tarde, Galiza tamén se verá afectada pola situación económica global. Varios expertos e implicados analizan en Vieiros causas, consecuencias e solucións á crise.

Fernando Arrizado - 14:10 17/09/2008
A economía depende de máis da construción

A economía depende de máis da construción

Menor crecemento económico, máis restricións crediticias ás pequenas e medianas empresas, suspensións de pagos, despedimentos, ... A crise global, que esta semana viviu un episodio máis coa desfeita financeira en EUA, vai bater -máis tarde, mais con forza- tamén na nosa economía.

Como chegamos a esta situación e como habemos saír dela, son cuestións analizadas por algúns expertos e implicados consultados.


Xosé Domingo Barro, secretario de Formación e Emprego da UXT


O responsábel sindical admite que as posibilidades de que o desemprego aumente son altas. Achaca a crise a dous factores: un externo, a conxuntura económica de EUA, e outro interno, un modelo produtivo -o galego- demasiado dependente da construción e que, considera, cómpre cambiar.


Benigno Pereira, presidente da Rede Galega de Empresas


O tamén propietario da coñecida marca de queixos Bama pensa que os empresarios sofren principalmente pola falta de crédito, consecuencia das garantías máis exixentes que piden as entidades financeiras. Segundo Pereira isto vén provocado polo egoísmo da economía neoliberal, que fai pagar xustos por pecadores.


Eduardo Rego, profesor da UdC e colaborador de Vieiros


Rego ve nesta crise características similares ás que se dan no Estado. Aínda que considera que a dependencia do 'ladrillo' é menor en Galiza, aposta tamén por un replantexamento do modelo de crecemento, que, afirma, debe basearse na sustentabilidade.


Suso Seixo, secretario xeral da CIG


O noso país, salienta Seixo, vai sufrir un aumento elevado do paro porque, entre outras cousas, a crise freou a emigración a lugares como Canarias e Madrid e está a provocar o retorno dos que alí estaban. Para combater isto, aposta por modificar o sistema fiscal (reducir impostos indirectos e aumentar os directos) e incrementar os salarios para que o nivel de consumo suba.


3,88/5 (8 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Lehman, unha das principais entidades financeiras de EUA, declarouse en crebra este luns
Lehman, unha das principais entidades financeiras de EUA, declarouse en crebra este luns
O goberno de EUA nacionalizou esta cuarta feira AIG, a maior aseguradora do mundo
O goberno de EUA nacionalizou esta cuarta feira AIG, a maior aseguradora do mundo