Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

Rallye de Portugal: McRae intratable

Non hai quen poida polo momento co escocés de Ford, Colin Mcrae, que é lider do Rallye de Portugal. O duo Sainz e o coruñés Luís Moya so aguantan como poden na terceira praza. O campión do mundo, Tomi Makinen é noveno, lonxe dos primeiros postos.

- 12:03 23/03/1999
Tags:

Moitos afeccionados galegos ó mundo do Rally queren ver ó seu paisano, Luís Moya, copilotando o Toyota Corolla de Carlos Sainz. Buscan ademais a terceira victoria neste Rally de Portugal que gañaron nos anos 91 e 95. Tralo triunfo de McRae en Kenia, parece que o Ford Focus funciona ben e aspira a colleitar de novo o campionato mundial da especialidade. Hoxe dispútase a etapa máis longa, de 180 Kilómetros de percorrido cromometrados, divididos en 10 treitos.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: