O equipo do noso país, composto por remeiras de Cabo de Cruz, Chapela e Samertolameu fixo historia en augas do Cantábrico, este domingo en Donostia.
O equipo Galicia, composto por mozas de tres equipo do país (os tres, por certo, os que coparon o podio no último campionato estatal, o Cabo de Cruz de Boiro, o Chapela, de Redondela e o Samertolameu, e Meira) impuxéronse nunha histórica I Bandeira da Concha Feminina, en augas de Donostia.
As galegas entraron por diante doutros equipos, máis acostumados a remar no duro Cantábrico, como a embarcación cántabra do Astillero, que foi segunda, e a vasca de Zumaia-Getaria, que foi terceira. Cuartas entraron as remeiras de Hondarribia.
Xa chegaban como favoritas, pero demostraron o que valen nunha bandeira que, tradicionalmente era dos homes, pero que dende este domingo tamén é das mozas, que agardan darlle continuidade, para que colla a sona que merece, despois dos 128 anos de historia da proba masculina.
Clasificación da regata:
1-Galiza 11:35,80.
2-Astillero 11:40,44.
3-Getaria-Zumaia 11:43,32.
4-Hondarribia 11:53,92.