Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Barcelona

Edición xestionada por Xabier Paradelo
RSS de Barcelona
CERTIFICADOS OFICIAIS DE COÑECEMENTO DE GALEGO

Segunda convocatoria das probas dos CELGA en Barcelona

Normal 0 21 O prazo para inscribirse nos exames oficiais convocados pola Xunta de Galicia remata o próximo 19 de setembro.

Paulo Filgueiras - 21:00 13/09/2008

O Certificado en Lingua Galega (Celga) é o novo sistema de certificación adaptado ao Marco Europeo Común de Referencia para as Linguas (MECRL). Expedido pola Secretaria Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, é o diploma oficial que certifica o nivel de coñecemento de galego a efectos de requisitos ou méritos laborais e académicos.

Os exames da segunda convocatoria anual dos Celga, nos niveis 1, 2, 3 e 4, terán lugar entre novembro e decembro de 2008, e en Cataluña desenvolveranse na Facultat de Lletres da Universitat Autònoma de Barcelona. As solicitudes de inscrición poden presentarse até o vindeiro 19 de setembro.

Para obter ao certificado só se require ser maior de 16 anos e pagar as correspondentes taxas por dereitos de exame (15,30 euros). Cómpre presentar unha fotocopia do DNI, o formulario de solicitude de inscrición debidamente cuberto e o xustificante do pagamento das taxas dentro do prazo estabelecido. En Barcelona esta documentación pódese entregar no Departamento de Galego da UB ou no Lectorado de Galego da UAB.


Ligazóns

4/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: