Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
PRATA NOS 4X50 METROS LIBRES

Nova medalla de prata para Chano

O tempo de 2:18.73 permite ao equipo estatal mellorar a marca europea que eles mesmos posuían desde o ano 2006.

Redacción - 14:35 11/09/2008

O nadador vigués fixo o último relevo do equipo estatal, nunha fermosa carreira na que disputaron a vitoria cos chineses até o último intre. Axudado polo empuxe do "cubo de auga" o último nadador local chegou só 58 centésimas de segundo antes que Chano Rodríguez Veloso. O nadador suma así a súa segunda prata destes Xogos Paralímpicos, e a undécima da súa carreira deportiva. Chano volve competir no "cubo de auga" o vindeiro luns, día en que participará nos 50 metros libres e nos 4x50 metros estilos.


5/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: