Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
"a forza das minorías"

Compostela capital da literatura infantil e xuvenil

Xosé Neira Cruz, comisario do congreso en Galiza, presenta en Copenhague a 32 edición do IBBY para a diversidade cultural.

Redacción - 14:00 10/09/2008

“A forza das minorías” é o lema do 32 Congreso Internacional do Centro IBBY para a Diversidade Cultural de Literatura Infantil e Xuvenil que terá lugar en Compostela o vindeiro ano 2010.

O internacional IBBY é o maior acontecemento mundial da literatura infantil e xuvenil que reúne cada dous anos a escritores e expertos de todo o mundo. A edición que vai ter lugar dentro de dous anos en Galiza, celebrarase no Pazo de Congresos da capital galega en setembro de 2010.

Para a vindeira edición, que conta co apoio da Consellería de Cultura, espérase a presenza en Santiago de máis de 700 expertos en literatura infantil e xuvenil chegados de 78 países, entre escritores, ilustradores, profesores, bibliotecarios, libreiros, tradutores, críticos e investigadores.

O escritor Xosé Neira Cruz, comisario do Congreso en Santiago, recolle a encarga de coordinar os actos da presentación galega ante os membros de IBBY e dos expertos na materia que ten lugar estes días en Copenhague, na que está previsto amosar un traballo audiovisual sobre Galiza e Compostela, e máis unha actuación do gaiteiro Xosé Manuel Budiño.

A 32 edición deste evento, coordinada por Gálix (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil), contará cun comité científico formado, entre outros, pola Premio Nobel da Paz, Rigoberta Menchú; as premios Príncipe de Asturias de Cooperación internacional Olayinka Koso e Somaly Mam ou o escritor e académico Víctor Freixanes.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: