David Arcay Fernández a nivel individual e a selección galega na competición por equipos proclamáronse campións estatais.
O campionato de Seleccións Autonómicas de Pesca de Salmónidos Mosca Xuventude tivo lugar a semana pasada na localidade pirenaica de Benasque. A competición desenvolveuse no río Ésera, nun fermoso entorno onde as troitas son abundantes pero pequenas.
David Arcay consegue así o seu segundo campionato estatal júnior, ao que hai que sumar a participación en varios campionatos mundiais. Detrás de el remataron o valenciano Vicente Aranda López e o vasco Diego Mateo Suarez. En Benasque celebráronse tamén as probas de selección para o Campionato do Mundo 2009, e o coruñés volveu impoñerse con autoridade.