Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
PXE

Quintana advírtelle a Zapatero que “agora non chega” o 8% do orzamento

O voceiro do BNG insiste en que é preciso a constitución dunha comisión bilateral de infraestruturas.

Redacción - 18:30 08/09/2008
Quintana e Zapatero, nun dos seus últimos encontros

Quintana e Zapatero, nun dos seus últimos encontros

O vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, lánzalle mensaxes públicas ao presidente do goberno español, José Luís Rodríguez Zapatero. O líder nacionalista, consciente de que o PSOE  tamén depende do apoio do Bloque para sacar adiante os orzamentos estatais, advirte que o BNG non vai dar un cheque en branco. Así, sinalou que o 8% do orzamento comprometido polo goberno español para Galiza “agora xa non chega” xa que esa cifra servía nuns momentos nos que as contas aumentaban cada ano e aseguraban “un nivel de investimento para cumprir os compromisos”.

O Bloque quere mostrar que está disposto a botarlle un pulso aos socialistas e que nestes momentos non van votar a favor  se non hai xestos claros do executivo de Zapatero. Unha das principais demandas neste sentido é que se constitúa unha comisión bilateral de infraestruturas que faga posíbel que o TAV chegue a Galiza en 2012.

Quintana considerou “moi positivo” o compromiso do secretario de Estado de Facenda, Carlos Ocaña, de ter en conta a dispersión poboacional e o avellantameno da poboación, pero sinalou que lle gustaría escoitar o mesmo “da boca de Solbes”.


5/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: