Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Grande domingo de surf na clausura

Cardoso e Pellizzari vencen na Pantín Classic

A proba, unha das máis importantes de Europa, viviu a mellor edición dos últimos anos.

Redacción - 14:30 08/09/2008
Cardoso celebrando a vitoria

Cardoso celebrando a vitoria

O domingo era o día decisivo na Pantín Classic, e o tempo foi benévolo cos afeccionados ao surf. Non houbo as enormes ondas dos días anteriores (aínda que superaron os dous metros), pero o espectáculo puxérono os surfistas, nunha competición de alto nivel que fixo desfrutar ao publico que se achegou deica a praia.

William Cardoso enfrontouse na final ao polinesio Michel Bourez, que non conseguiu aguantar o dominio que o brasileiro exerceu dende o principio. Pola súa parte, a arxentina Ornella Pellizzari convertiuse na primeira muller non europea en gañar a proba de Pantín, despois de dominar con autoridade.


Ligazóns

0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Ornella Pellizzari no máis alto do podio feminino
Ornella Pellizzari no máis alto do podio feminino
O bo tempo axudou na xornada do domingo / Flickr: amarola
O bo tempo axudou na xornada do domingo / Flickr: amarola
As enormes ondas deixaron imaxes espectaculares
As enormes ondas deixaron imaxes espectaculares