Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
FÚTBOL

O Celta afronta o seu segundo ano como favorito ao ascenso

Despois da inesperada derrota da primeira xornada, tratará de reconducir a marcha fronte ao equipo do que procede o técnico Pepe Murcia.

Redacción - 13:30 06/09/2008
A conexión con Balaidos será clave para pensar no ascenso

A conexión con Balaidos será clave para pensar no ascenso

O equipo vigués encara o seu segundo intento de ascenso á Primeira División, despois do discreto 14º lugar acadado o ano anterior. Será a primeira vez dende hai 17 anos que o clube dispute dúas tempadas seguidas na Segunda División do fútbol estatal. O comezo non foi bo, pero a clasificación para a seguinte fase da Copa debería dar moral aos xogadores para preparar o partido do domingo na casa do Castellón.

Na procura da volta ao primeiro nivel, o equipo que preside Carlos Mouriño levou a cabo unha remodelación total, xa que non só o adestrador cordobés é novidade en Balaídos, senón que o plantel contará con 15 caras novas. De entre estas fichaxes, sen dúbida a máis importante é a chegada de Borja Oubiña que volve despois da súa cesión no Birmingham City. O pasado mes de setembro, o vigués rompeu os ligamentos do seu xeonllo, polo que non puido demostrar a súa calidade en terras inglesas. Agora, xa de volta na casa, enfronta a recta final da súa recuperación. Non debería tardar moito en volver o mediocentro vigués a marcar o ritmo ao que os seus compañeiros bailen, tal e como fixo con lucidez da man de Fernando Vázquez na última etapa brillante do clube.
Reforzados pola lei concursalA nivel de xestión o clube acolleuse o pasado mes de xuño á lei concursal, o que non impediu que sexa o consello de administración o que continúa a dirixilo, aínda que agora baixo a supervisión de tres asesores designados polo xuíz e os principais acredores. O principal cambio que introduce esta lei é que a sociedade recoñece a súa delicada situación patrimonial. Así, o clube prevén posíbeis desfalcos económicos e pasa a negociar en mellores condicións cos seus principais acredores, que no caso do Celta son Facenda e Caixanova. Esta fórmula xa se mostrou como un éxito o ano pasado, cando o Málaga e Sporting de Xixón ascenderon a primeira división despois de acollerse á lei concursal.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Plantilla do Celta 2008-2009
Plantilla do Celta 2008-2009
O galego Roberto Trashorras é unha das moitas caras novas
O galego Roberto Trashorras é unha das moitas caras novas
Atrás quedan as competicións europeas
Atrás quedan as competicións europeas