Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Eleccións ao Parlamento

Rosa Díez: "Non nos interesa a identidade dos galegos"

A presidenta de Unión, Progreso y Democracia asegura que o seu partido impedirá que o BNG acabe gobernando en Galiza.

Redacción - 17:35 05/09/2008

O obxectivo que se marca UPyD para os vindeiros comicios electorais é impedir que o BNG sexa determinante no goberno. Rosa Díez fixo estas declaracións en Santiago de Compostela, onde confirmou a intención da súa formación de presentarse ás eleccións parlamentarias.

"Non nos interesa a identidade dos galegos, como tampouco aos galegos lles importa esa identidade", dixo a presidenta de UPyD, quen se amosou preocupada pola situación que se vive en Galiza. Na súa opinión actualmente estamos nunha situación de "regresión" porque o goberno está máis preocupado pola identidade que polo progreso. En concreto tivo palabras para o nacionalismo galego, fronte ao que contrapuxo a súa formación que "defende o Estado", e tamén para os demais partidos galegos, "influídos por ese galeguismo que non interesa a ninguén".

Entre os problemas de Galiza aos que é necesario atopar solución citou o fracaso escolar de un de cada tres estudantes, as dificultades para estudar en castelán ou as fronteiras que se levantan pola cuestión lingüística. Díez defendeu, así, a necesidade de garantir que os pais escollan a lingua para educar os seus fillos e acusou as políticas de normalización lingüística de pretender excluír o castelán do espazo público.


Ligazóns

1,56/5 (57 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: