O Corte Inglés e Investrónica alíanse para crear e comercializar un pequeno ordenador portátil que se dirixe especialmente a nenos de entre seis e catorce anos.
Inves Junior, o miniportátil dos nenos
O "Inves Júnior" porase á venda a partires de mañá nos centros do Corte Inglés cun prezo de 379 euros.
Mantén as prestacións propias dos portátiles da súa gama, pero inclúe un control paternal que permite aos pais a posibilidade de regular o acceso a Internet e aos programas que teña instalado.
A ferramenta do control paternal está especificamente pensada para protexer aos menores dos perigos que xorden de navegar os menores por calquera páxina da rede.
Os pais poden regular os accesos a Internet e incluso programar o tempo de conexión e distintos horarios e días, así como supervisar a actividade que os nenos teñan a través da rede. Para iso, o ordenador conta cunha lista de páxinas permitidas e outras non permitidas e ofrece textos explicativos que advirten cando hai perigos en Internet.
Ademais, o ordenador ten unha presentación tamén pensada para os máis pequenos, cun teclado que se adapta ás mans pequenas, un peso de 1.27 quilos e unha aparencia compacta e xuvenil.
Por outra parte, o teclado tamén goza dunha especial protección contra o derrame de líquidos e posibles golpes.
FWWWRANDO