Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
OBITUARIO

Morreu Luciana Stegagno, unha das principais especialistas en literatura galego-portuguesa

A filóloga italiana publicou traballos que difundiron internacionalmente a nosa lírica medieval.

Redacción - 12:00 04/09/2008

Morreu a filóloga italiana Luciana Stegagno Picchio, una das principais especialistas en lírica galego-portuguesa medieval de Europa, con arredor de medio millar de traballos publicados na área da cultura de expresión lusófona. A profesora Stegagno era profesora emérita da Universidade de Roma La Sapienza, onde dirixiu durante décadas o departamento de Lingua e Filoloxía Románica.

Os traballos de Stegagno tiveron repercusión alén das fronteiras italianas e contribuíron á difusión da literatura galega, portuguesa e brasileira no mundo. A profesora visitou Galiza en varias ocasións, onde participou en congresos de lingua e literatura. O seu pasamento produciuse na capital italiana o 28 de agosto aos 88 anos de idade. O mundo da cultura do país lamentou a súa morte, do mesmo xeito ca a conselleira de Cultura, Ánxela Bugallo.


5/5 (11 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: