Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Euskadi

Edición xestionada por Vieiros
RSS de Euskadi
QUINCE MESES EN MARTUTENE

Arnaldo Otegi sae da cadea pedindo "diálogo e negociación"

O dirixente da esquerda abertzale non desvelou se continuará na política, aínda que a meirande parte da opinión pública vasca aposta polo seu regreso.

Redacción - 11:21 30/08/2008

Arnaldo Otegi saíu este sábado á mañá, pouco antes das sete e media, do cárcere donostiarra de Martutene, onde pasou os últimos quince meses. Diante de numerosas persoas, dedicoulles as súas primeiras palabras aos "compañeiros que fican en prisión" e reiterou a súa aposta polo "diálogo e a negociación" a prol da "paz e da democracia".

A volta de Otegi á escena pública supón, segundo explicou o colaborador de Vieiros Dani Álvarez, unha revitalización para a esquerda abertzale, que leva catro anos cun grupo parlamentario bastante limitado política e dialecticamente.

Coas primeiras declaracións do político parece contradicir a liña de opinión, minoritaria en Euskadi, que aseguraba que Otegi abandonaría a política ao saír da cadea, desautorizado pola esquerda abertzale. Porén, o ex-voceiro de Batasuna rexeitou falar do seu futuro.

Segundo explicou Dani Álvarez, a crenza máis estendida en Euskadi fala de que Otegi vai seguir sendo un referente na esquerda abertzale, da que é o líder máis carismático. Hai informacións que indican que tivo unha comunicación fluída con importantes presos de ETA durante a súa estadía en prisión, e que tamén tivo visitas de importantes políticos vascos, tanto coñecidas publicamente, como a que mantivo con Xabier Arzallus, como privadas.

Porén, hai outros motivos que dificultan que Otegi volva ter presenza pública, pola posibilidade de que o xuíz Baltasar Garzón volva ditar un auto de prisión. Ademais, o dirixente da esquerda abertzale ten aínda outras catro causas pendentes.


4,17/5 (6 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: