Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Asegura que non haberá adianto

"Quero esgotar o mandato", di Touriño

O presidente da Xunta descarta fixar os comicios para outono deste ano e afirma que "os intereses do país" quedarán por diante dos "intereses partidarios".

Redacción - 13:23 28/08/2008
Tags:



Será só un "adianto técnico" que, tal e como se prevía desde hai meses, deixará a data dos comicios na altura da primavera de 2009, para evitar a coincidencia dos comicios en Galiza coas eleccións europeas fixadas para xuño dese ano. Emilio Pérez Touriño subliñou este xoves que mantén "o compromiso de esgotar a lexislatura" e usar só a ferramenta que lle outorga a lei para decidir o adianto se no futuro considera que lle convén "exclusivamente a Galiza".

Referiuse así o presidente da Xunta aos "intereses partidarios" sobre os que admitiu que terían estendido o debate acerca da data electoral, asegurando que na súa opinión "non hai motivos" que xustifiquen o adianto. "Galiza avanza moito e de présa", comentou Pérez Touriño, "prometín o cambio e o cambio está en marcha". Así e malia que desde o contorno da dirección de PSOE e PSdeG admitían até este mesmo mércores a probabilidade de que ese adianto se producise, Touriño descarta agora a posibilidade asegurando que pretende que "o debate político non se vexa condicionado polo falso debate electoral".


5/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: