Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
O “W32.Gammima.AG”

A Estación Espacial Internacional é atacada por un virus informático

Os portátiles da Estación Espacial Internacional están afectados dende o mes pasado por un virus que se creou para roubar as claves de videoxogos.

Redacción - 12:39 28/08/2008
A EEI tamén sofre os ataques dos virus

A EEI tamén sofre os ataques dos virus

Os virus informáticos conseguiron xa chegar ata o espazo exterior. Malia que non é demasiado común, a NASA confirmou que non é a primeira vez que esta clase de programas chegan ata o cosmos.

Nesta ocasión trátase do "W32.Gammima.AG", un programa que apareceu por primeira vez na Terra en 2007 para roubar as claves de varios videoxogos moi populares en Asia.

Aínda se descoñece cal foi a vía de acceso do virus informático ós sistemas dos ordenadores portátiles da EEI, pero a NASA sospeita que os aparatos quedaran infectados cando aínda estaban en Terra.

E é que na Estación Espacial Internacional non hai acceso a Internet e os datos que se transfiren a ela chegan por un canal de radio que é sempre verificado.

Non se trata dun virus perigoso que poida causar algún dano nos sistemas de control da Estación, pero a NASA quere curarse en saúde e xa traballa na creación de sistemas de seguridade especiais para evitar incidentes similares no futuro.

FWWWRANDO


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: