A compañía fabricante coreana considera que este é o mellor momento para prestar o servizo, unha vez superados os problemas e barreiras que existían.
Internet accesible dende o mando da televisión
Samsung planea comezar co "InfoLive" nas televisión de serie 7, 8 e 9 de Canadá, Australia, Singapur e algús países de Europa a finais deste ano.
O servizo de "InfoLive" permitirá ós usuarios de televisión chatear, enviar correos electrónicos, ver vídeos en You Tube, actualizar os titulares das noticias ou coñecer o estado do tempo usando tan só o mando do seu televisor.
As aplicacións para televisión están deseñadas para operar cunha nova clase de chips que a compañía Intel (tamén asociada ó proxecto) creou para os electrodomésticos e que permite a transmisión de imaxes de alta definición, calidade de audio "home-theater", gráficos en tres dimensións e a fusión das características da televisión e Internet.
FWWWRANDO