Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
PSdeG critica o "telonero Rajoy" na véspera da chegada de Zapatero

Madrid marca o ritmo dos partidos

Fronte á inminente convocatoria electoral, as direccións de PSOE e PP axustaron para esta semana o desembarco dos seus líderes respectivos, José Luís Rodríguez Zapatero e Mariano Rajoy.

Redacción - 17:15 26/08/2008
Tags:

Cos cuarteis de socialistas e populares traballando xa na estratexia electoral fronte ao probábel adianto dos comicios ao próximo mes de novembro, e na semana en que se espera o anuncio oficial por parte do presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, o protagonismo vira cara aos líderes estatais destes partidos.

Para este mércores está previsto a chegada do presidente do goberno español e secretario xeral do PSOE, José Luís Rodríguez Zapatero. Unha visita acordada na xuntanza que a finais de xullo tiveron na Moncloa o presidente da Xunta e mais Zapatero, e de onde Touriño volveu sen compromisos nos asuntos clave cos que chegaba á reunión: o voto emigrante e o tren de alta velocidade. Paradoxalmente, Zapatero e Touriño arranxaron daquela a convocatoria dunha foto oficial para esta última semana de agosto a pé das vías de alta velocidade mentres descartaban a petición avalada polo Parlamento para a creación dunha comisión de seguimento das infraestruturas.

Mentres, o presidente do PP, Mariano Rajoy, adiantou para este martes o acto previsto para a próxima fin de semana rodeado de representantes do seu partido en Galiza. Un evento deseñado con clara intención preelectoral e co que os populares tratan de adiantarse na axenda mediática.


1/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: