No mundial participan arredor de 300 competidores, en representación de 35 países. Entre eles estará o Xoán Xosé Sancosmed.
Unha proba disputada polo Gallaecia Raid
Sancosmed participará no mundial de orientación en bicicleta que comeza este luns na localidade polaca de Saatre Jablonki. Esta modalidade combina a bicicleta de montaña co funcionamento típico das probas de orientación, nas que os participantes reciben un mapa e a carreira consiste en ir pasando o antes posíbel polos puntos quilométricos que se establecen en este.
O decorrer é o mesmo que o das carreiras a pé nas que dende pequeno participa o ciclista galego, experiencia á que lle debe o seu gran sentido da orientación.
Pero fai un ano, o ciclista coruñés viuse obrigado a cambiar de disciplina debido a unha lesión no xeonllo.Desde entón integrouse no clube Gallaecia Raid, onde non tardou en acadar éxitos gracias a unha rápida adaptación á parte máis técnica da disciplina.
Así, Sancosmed chega a Polonia como líder do ranking estatal de O-BT, e encabeza o equipo estatal.Durante este ano compaxinou os seus estudos de INEF coa toma de contacto con esta nova modalidade da orientación, polo que estar nestes mundiais xa é todo un éxito.
Sen embargo, o galego vai máis aló e agarda poder clasificarse para a "final A" na modalidade de carreira longa que se disputará o vindeiro mércores 27.