Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
OUTORGADO POLO INSTITUTO DE ESTUDOS MIÑORANOS

Antonio Valverde gaña o 'Nano Cambeiro' de xornalismo

O xurado recoñeceu a súa serie de relatos breves 'Cruceiro de San Campio'.

Redacción - 10:30 22/08/2008

Trátase dun conxunto de relatos costumistas, de lembranzas de xentes do Val Miñor que o autor coñeceu directa ou indirectamente e que foron publicados, e seguen a ser publicados, baixo o rotulo de Cruceiro de San Campio na web www.valminor.info.

Recordo ir dende a casas dos meus pais, todos os días a bañarme á praia, pola vía do tranvía. Por un sendeiro porque non había nin estradas nin outro medio... Ou collías o tranvía e te apeabas no apeadeiro de Lourido ou ías andando.... Nas casetas onde estaba Argimiro, onde te mudabas de traxe de baño... Saías aterido de frío e púñaste detrás da caseta ao resgardo do vento do norte, e se tiñas unhas perriñas, que eran poucas, si as tiñas lle mercabas unha mazá a Casimiro. Lembro comer aquela mazá detrás da caseta de Casimiro, e logo volver para a Ramallosa abafados de calor co traxe de baño mollado na cabeza.

Antonio Valverde Alonso naceu en Vigo, 1935, no seo dunha familia de Gondomar, e pasou a súa infancia a cabalo entre a cidade e o Val Miñor, para logo asentar a súa vida profesional en Madrid pero sen perder de vista a súa comarca de orixe.

O premio, sen dotación económica, consiste nunha peza de bronce obra do escultor Fernando Casás. A obra escultórica será entregada ao premiado nun acto público a realizar nos vindeiros meses. Nas edicións anteriores o premio recaeu en Xosé Luís Méndez Ferrín, Francisco Fernández del Riego, David Reinero González, na web www.valminor.info, dirixida por Pedro Telmo Rodríguez Castro, e na web www.salvemosmonteferro.org, realizada polos irmáns Xosé e Anxo Reigosa Solleiro.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: