Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
PAZ E ECHÁVARRI OURO NA CLASE TORNADO DE VELA

“Sempre tivemos o control para poder conseguir esta medalla de ouro”

Os regatistas galegos conversaron con Vieiros dende Biexín poucas horas despois de lograr o cuarto ouro olímpico da historia do noso deporte.

Pablo García Martínez - 19:30 21/08/2008

Antón Paz e Fernando Echávarri estaban exultantes despois de acadar o desexado ouro olímpico, única gran medalla que faltaba no seu palmarés. Os galegos falaron do duro traballo que levaron a cabo dende antes da competición, para chegar en óptimas condicións. Coincidiron ao resaltar a importancia da gran saída realizada na "Medal Race", que lles permitiu controlar a regata en todo momento.

  • Antón Paz:


  • Fernando Echávarri:



Desde Galiza, o presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, o vicepresidente Anxo Quintana e a conselleira de Cultura e Deporte, Ánxela Bugallo, puxéronse en contacto cos regatistas para felicitalos polo que Bugallo definiu como "un momento moi importante para o deporte galego". A directora xeral para o Deporte, Marta Souto, viviu a carreira en directo desde Beixín, onde está apoiando aos nosos olímpicos, e destacou a "explosión de alegría" que se viviu cando cruzaron a meta.


4,11/5 (9 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: