Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
I XORNADAS DE ANIME 'MANGALEGO'

O máis novo do 'Manga', en primicia na Coruña

Até o xoves os afeccionados galegos a este xénero nacido en Xapón poderán ver filmes e series aínda non estreados no Estado Español.

Redacción - 11:25 20/08/2008

Galiza e Xapón están unidos polo sol, o sol que nace alí emerxendo sobre o Pacífico, e morre aquí mergullándose no Atlántico. Quizais foi por esta condición de extremos, común aos dous países, que as relacións entre un e outro son estrañamente próximas. Así o descubriron, por exemplo, os Milladoiro, nas súas xiras polo país asiático, onde venderon centos de milleiros de discos.

Celébranse estes días na Coruña as primeiras xornadas de anime 'Mangalego', organizadas pola Asociación Cultural Mangalego, co apoio da Concellaría de Mocidade da Coruña, Alita Comics e Kikomic. O atractivo destas xornadas reside en que a maior parte dos traballos exhibidos aínda non chegaron ao Estado Español, e foron subtitulados especialmente para esta ocasión. As lendas serán en galego, en gran parte. Entre os filmes destaca 'Toki wo Kakeru Shojo', un das longametraxes anime de maior éxito en Xapón, adaptación dunha novela de ciencia-ficción escrita en 1972 por Yasutaka Tsutsui, e que se proxectará o mércores 20.

Na Fundación Caixa Galicia poderán verse as longametraxes Kara no Kyoukai. The garden of sinners, Toki wo Kakeru Shojo, e un dos filmes de Lupin aínda non estreadas no Estado Español. Tamén e proxectarán capítulos dunha ducia de series: Code Geass, Fate/stay night, Full Metal Panic? Fumoffu, NHK, Ouran High School Host Club, Rosario+Vampire, Slayers Revolution, Soul Eater, Stellvia, Suzumiya Haruhi no Yuutsu, Tengen Toppa Gurren Lagann e The Tower of Druaga.

Haberá tamén actividades complementarias, como o sorteo de agasallos entre os asistentes que vaian disfrazados e un premio ao mellor 'cosplay' (disfrace temático). Tamén haberá un concurso de karaoke.


5/5 (7 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: