Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
A CONFUSIÓN É CADA VEZ MAIOR

O PSdeG lanza mensaxes contraditorias sobre o posíbel adianto electoral

Mentres que Méndez Romeu sinala que todo é “especulación xornalística”, Ricardo Varela advirte que hai que estudar diferentes “variábeis”.

Redacción - 18:05 14/08/2008

posíbel adianto das eleccións galegas para este outono está a monopolizar nas últimas horas a vida política do país. Mais, no lugar de acabar coas dúbidas, ás mensaxes que chegan dende as filas socialistas galegas non fan máis que incrementar a confusión. Un exemplo é o acontecido este mesmo xoves. Mentres o conselleiro da Presidencia, Xosé Luís Méndez Romeu, daba por feito que os comicios van ser en marzo do ano que vén e o resto das teorías son puras “especulacións xornalísticas”, o número dous do PSdeG, Ricardo Varela, aseguraba que hai “diferentes variábeis” que poden facer reflexionar.

As diverxencias dentro das filas socialistas deixan ver ás claras a pugna entre un Pérez Touriño reticente nun primeiro momento a celebrar este ano os comicios e un aparato capitaneado por Xosé Blanco e Ricardo Varela que exixe a convocatoria urxente de eleccións. Incluso, en clave interna hai quen acusa a Ferraz de filtrar informacións sobre o adianto para que Touriño remate por decidirse.

Consciente destas diferenzas internas, o PPdeG fixo pública unha nota na que asegura que Touriño ten xa decidido o adianto a outono e tan só está a lanzar globos sondas para preparar á opinión pública. Os de Núñez Feijoo atacan ao presidente da Xunta e acúsano de seguir ao pé da letra as ordes que envía Ferraz e en especial as do vicesecretario xeral do PSOE, Xosé Blanco.

Por se todo isto fose pouco, o presidente da Xunta non contribúe a despexar as incógnitas. Nunhas declaracións a El País, Pérez Touriño recoñece que cada vez hai máis xente no PSdeG a prol de adiantar os comicios. Logo de repetir en varias ocasións que a cita coas urnas sería en 2009, agora o máximo dirixente galego deixa aberta a porta a unha inminente convocatoria electoral.


4/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: