Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
San Roque 2008

Gogol Bordello, gypsy-punk para abrir festa en Vilagarcía

Do 13 ao 16 de agosto, dez días nos que a xolda, os concertos e a famosa Festa da Auga non han faltar.

Redacción - 09:30 13/08/2008

As festas patronais de Vilagarcía comezan este ano o mércores 13 de agosto e durarán até o sábado 23. O gypsy-punk dos carismáticos Gogol Bordello serán os encargados de abrir a semana de concertos a noite o xoves 14. A revista Billboard colocou aos neoiorquinos -que veñen de presentar con éxito a súa xira Super Taranta- no posto número quince dos mellores directos do mundo.

O sábado 16 a procesión de San Roque marca o comezo da coñecida Festa da Auga, cando a vila se enche de xente envorcando auga pola rúa, dende fiestras e balcóns e mesmo os bombeiros participan mollando aos asistentes dende os seus camións. O concello estima que este ano han participar na semana grande de Vilagarcía entre vinte e trinta mil persoas.

Á parte das procesións e os concertos, nas festas de San Roque deste 2008 haberá exhibicións folclóricas, desfiles de carrozas, batalla de flores... até rematar có Combate Naval, un festexo pirotécnico con sona en toda Galiza ao que se achegan miles de visitantes.

En total serán dez os concertos a desenvolver na semana grande das festas patronais, a comprendida entre o 13 e o 23 de agosto. As actuacións nas que se prevé unha maior aglomeración de público -Lamatumbá, Festicultores, Los Suaves, Son de Seu ou Pablo Milanés- desenvolveranse no Escenario Fexdega, mentres que as cinco restantes terán lugar na Alameda, como Cómplices, a vilagarciá Olaya Bouzas ou Marta Quintana.


5/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: