O campamento lingüístico desenvolverase entre o 25 de agosto e o 5 de setembro.
Ou 'speak ao xeito', que o mesmo ten. A Concellería de Xuventude de Vilagarcía de Arousa organiza un campamento lingüístico para nenos entre 6 e 12 anos. A particularidade desta actividade é que se trata dun campamento bilingüe, e que as dúas linguas nas que se desenvolverá serán o galego e o inglés. Terá lugar todas as mañás entre o 25 de agosto e o 5 setembro no pavillón do colexio do Piñeiriño, en horario de 10.30 a 13.30.
Caracterízase, principalmente, polo carácter lúdico de todas as actividades, baseando a aprendizaxe en xogos, cancións e na representación de obras de teatro. Hai un total de 25 prazas dispoñíbeis, e o prazo para a inscrición estará aberto entre o 11 e o 22 de agosto. So, let's speak galego.