Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Traíñas

O Náutico de Vigo gaña a bandeira número once da Liga Galega

Aproveitando que os intratábeis, os remeiros de Samertolameu, andaban no Campionato Estatal (que gañaron os cántabros do Astillero), os vigueses impuxéronse na Bandeira de Vilagarcía.

Redacción - 11:55 11/08/2008
A tripulación do Náutico de Vigo coa bandeira de Vilagarcía

A tripulación do Náutico de Vigo coa bandeira de Vilagarcía

O RC Náutico de Vigo venceu na 11ª proba da Liga Galega de Traíñas, a XIV Bandeira de Vilagarcía, aproveitando que os remeiros do Samertolameu andaban fóra de Galiza, participando no Campionato Estatal de Traíñas.

Cos de Meira fóra de concurso, as tripulacións favoritas eran a do Náutico, Mecos, Chapela e Rianxo. Ao final, os vigueses entraron de primeiros, a só un segundo da traíña do Grove. En terceiro lugar clasificouse Rianxo e cuarto foi Perillo.

E mentres, os de Samertolameu
Andaban competindo, xunto con outra embarcación galega, a de Cabo de Cruz, no Campionato Estatal de Traíñas, en Castro Urdiales. A proba gañouna a traíña dos cántabros do Astillero, que conseguiu impoñerse a tres das mellores tripulación da Liga ACT: Urdaibai, Hondarribia y Castro, conseguindo praza para disputar a Bandeira da Concha, unha das máis disputadas e de máis prestixio da tempada.

Na chamada quenda de consolación, a loita centrouse nas dúas tripulacións galegas e a cántabra de Pedreña, que pronto se distanciaron dun cuarto rival, Pasajes de San Pedro (Guipúscoa). Finalmente os do Cabo de Cruz de Boiro gañaron a quenda, roubándolle apenas un segundo a Pedreña e seis aos remeiros do Samertolameu de Meira.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: