Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Tres días de festival

Arteficial: comeza a xolda en Ribadavia

Este xoves bota a andar o festival da expresión músico-cultural da vila ourensá.

Redacción - 11:00 07/08/2008

Tres días de concertos e actuacións de balde, con obradoiros, proxeccións, artefesta para os nenos, cata de viños e moita xolda. O Arteficial, festival da expresión músico-cultural de Ribadavia comeza o xoves día sete.

O festival Arteficial, que ha ter lugar en Ribadavia entre o 7 e o 10 de agosto, está organizado polas asociacións Arteficial e máis ALERTA, en colaboración con outras asociacións xuvenís da comarca do Ribeiro. Arteficial é unha asociación ecolóxico cultural educativa formada por un amplo grupo de xoves da comarca do Ribeiro.

Para esta edición, Arteficial conta co apoio dun feixe de asociacións zona (Coto do Frade, Alerta, Arrincadeira, Xaraiva, Activa-T). Están abertos a calquera colaboración, tanto por parte do asociacionismo como pola banda das entidades privadas, públicas e da cidadanía en xeral. A fin é que a súas iniciativas se adapten aos intereses e curiosidades da poboación da comarca.

Programación

Xoves 7: Pal'Keli, Los Guapos e Moon Cresta.

Venres 8: End, Dismal, Vita Imana e Psyquence.

Sábado 9: Sos trio (Jazz); Rumbotupá (percusión); Yomelomontosolo (Cantautor); Pequena Gran Filarmónica da Toscana; Banda desarmada e Gustavo Almeida.


Arteficial nace có obxectivo de mesturar diversas formas de expresión cultural para a xente nova dende unha postura actual e innovadora.


5/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: