O vilagarcián Julio Torrado foi segundo, superando ao cubano Isam Ortiz, ao muradé David Lariño e ao letón Ilmars Starostits
O gran mestre serbio afincado na Coruña A. Strikovic alzouse co primeiro premio do II Torneo Xadrez Algalia. A sorpresa saltou no segundo posto que foi para o xogador vilagarciano Julio Torrado que superou ao mestre internacional cubano Isam Ortiz que quedou no terceiro posto. En cuarto lugar quedou o xoven xogador murades David Lariño por encima do campión do ano pasado, o letón Ilmars Starostits, e do gran maestre rumano Marius Manolache.
Moi bos resultados por tanto dos xogadores galegos. O primeiro xogador galego foi Cesar Abella do clube xadrez Algalia na sétima prazaEn total repartironse uns 4.000 euros entre os 87 xogadores participantes, de distintas nacionalidades: Cuba Rumania, Bulgaria, Serbia, e unha ampla participación de Portugal, con máis de quince xogadores da zona de Porto.
O vencedor na modalidade por equipos foi o Circulo Ferrolano de Xadrez, por diante do Fontecarmoa de Vilagarcía, e en canto ao mellor xogador sub 16 foi para o xoven vigues Samuel Villar.