Xa son 73 os programas da televisión pública portuguesa que se poden seguir semana a semana na súa web.
Informativos, deportes, series e outros formatos de entetemento son algúns dos contidos que poden ser vistos por calquera telespectador na web da RTP. En total, son xa 73 os programas dispoñíbeis en 'video-baixo-demanda', coa filosofía de "acompanhar o público onde ele estiver, independentemente do local". Por exemplo, en Galiza. A recepción das televisións portuguesas está un poco máis cerca, cando menos a través da rede.
A série 'Conta-me Como Foi' foi un dos últimos contidos a ser colocado 'online', de forma gratuíta para todos os utilizadores da web da RTP, que reciba máis de 2,5 millóns de visitas cada mes.
Existen diferentes maneiras de acceder a estes contidos: uns só poden ser vistos na Internet mentres que noutros é posíbel descargalos. "Debido á orixe dos contidos, moitos están condicionados", explica Francisco Teotónio Pereira. Pero esta realidade deberá mudar, xá que a "lóxica da Internet é a de compartir", salienta.