Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
PSOE E BNG REXEITARON ACUDIR AO ACTO

Baiona homenaxea cinco alcaldes franquistas

Con esta cerimonia de entrega de medallas, o PP incumpriu a Lei de Memoria Histórica.

Redacción - 13:45 03/08/2008
Xesús Vázquez Almuiña (PP), alcalde de Baiona

Xesús Vázquez Almuiña (PP), alcalde de Baiona

PSOE e BNG cualificaron de "provocación" a homenaxe, un empeño persoal do alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almunia (PP). A este respecto Rafael Lores, voceiro local do PSdeG-PSOE denunciou que "non se lles premia por ningunha obra específica, senón polo único mérito de ter sido alcaldes da ditadura".

José Pereira Troncoso (alcalde entre 1951 e 1956), Manuel Copena Araujo, Nolete, (de 1965 a 1972), Alfonso Mandado Robles (de 1972 a 1974), Celso Carneiro Freire (de 1974 a 1978) e Óscar Carreño Tato (de 1978 a 1979) foron os cinco alcaldes homenaxeados, todos elixidos durante a ditadura franquista, agás Óscar Carreño Tato, hoxe xuíz de paz da vila e que exerceu durante un ano, pouco antes de se celebraren as primeiras eleccións municipais. Carreño Tato foi o único que recibiu persoalmente a medalla, pois dous dos alcaldes faleceron e outros dous teñen problemas de saúde.

A homenaxe, coñecida popularmente como o Medallazo, foi aprobada en 2005 polo PP, nun polémico pleno do que se retiraran os concelleiros do BNG. O pasado luns, Jesús Vázquez Almunia volveu propoñer a homenaxe, e aínda que o seu socio de goberno, o independente Manuel Vilar, rexeitou a iniciativa, finalmente este sábado celebrouse o evento, ao que non acudiron os representantes de PSOE e BNG.


1,67/5 (12 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: