Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Manobra burocrática do presidente de Martinsa

Fernando Martín, o multimillonario que quere ser insolvente

Malia que gañou hai un ano 85 millóns de euros, segundo os números públicos, e ten participacións en proxectos empresariais diversos.

Redacción - 11:00 30/07/2008

O nome de Fernando Martín aparece á fronte de empresas diversas e en varios sectores, e as contas declaradas o ano pasado afirman a súa condición de multimillonario. Con todo e paradoxalmente, o presidente de Martinsa-Fadesa acode agora ao xulgado mercantil para pedir concurso voluntario de acredores sobre a súa propia persoa. Ao respecto, xustifica que se trata dunha manobra legal recomendada polos seus avogados e que non lle afectará á súa capacidade para seguir na dirección do grupo inmobiliario.

Un episodio que recorda outro caso polémico na empresa, o do ex conselleiro delegado Carlos Vela, coñecido por deixar en 2007 CajaMadrid para entrar en Martinsa-Fadesa. Casualmente, Vela fóra durante a década anterior o encargado de créditos a empresas desta caixa, un tempo no que a entidade disparou o risco contraído coa inmobiliaria até os 1.000 millóns de euros. Logo desa etapa, aquel ano despedíase dos compañeiros na entidade para entrar de cheo no sector do ladrillo cunha mediática brincadeira: "Se sae ben, fareime multimillonario, e se sae mal, só me farei rico".


3/5 (2 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: