Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
75 anos de alianza

Galeuscat xúntase de novo para presentar alternativas á "recentralización"

"Plurinacionalidade" e "plurilingüismo" e reedición do pacto para as eleccións europeas, dúas claves do acto público que protagonizan este sábado en Compostela Anxo Quintana (BNG), Íñigo Urkullu (PNV) e Artur Mas (CiU).

Redacción / EP - 09:00 26/07/2008

BNG, CiU e PNV celebrarán esta fin de semana en Santiago de Compostela unha reunión da alianza de Galeuscat. Unha cita especial para festexar o 75 aniversario da primeira unión dos nacionalistas e na que defenderán a "plurinacionalidade" e "plurilingüismo" do Estado.

Anxo Quintana (BNG), Íñigo Urkullu (PNV) e Artur Mas (CiU) intervirán nun acto aberto, que ten lugar en Santiago de Compostela a partir das 11 horas. Unha cita para a que anunciaron que, de xeito especial, unirán voz para contestarlle ao "ataque" ás linguas galega, vasca e catalá.

reviamente, o coordinador executivo do BNG, Francisco Jorquera; o secretario xeral adxunto de Convergència Democràtica de Catalunya (CDC), Felip Puig; e a secretaria da Executiva do PNV, Belén Greaves; manterán un encontro no que está previsto que fixen unha axenda de traballo e no que abrirán o debate da reedición do pacto das tres forzas políticas para concorrer ás eleccións ao Parlamento Europeo, que en 2005 logrou tres eurodeputados.


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: