Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Os Eurogames

Barcelona acolle os Xogos Olímpicos (europeos) Gais

Durante catro días hanse xuntar atletas gais, lesbianas, bisexuais e transexuais na duodécima edición desta competición. Serán 5.000 deportistas en 28 disciplinas distintas.

Redacción - 10:30 25/07/2008

A cidade de Barcelona acolle, dende esta quinta feira e até domingo, a duodécima edición dos Eurogames, as Olimpíadas para lesbianas, gais, bisexuais e transexuais. A cita, organizada pola "European Gay & Lesbian Sport Federation" (Federación Europea do Deporte Gai e Lésbico, EGLSF). ten 28 disciplinas deportivas, nas que van participar perto de 5.000 atletas.

É a primeira vez que a capital catalá acolle estes xogos, unha das actividades do Ano Europeo do Diálogo Intercultural e o meirande evento deportivo destinado a homosexuis e transexuais de todo o continente. Este campionato desenvólvese dende 1992, ano no que comezou, n'A Haia.

Este ano, nos Eurogames, ademais de practicar deporte, preténdese reivindicar a diversidade sexual cunha chea de actividades parellas aos Xogos que tratarán temas de interese dos diversos colectivos, como as enfermidades de transmisión sexual.


5/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: