Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
SITUACIÓN LABORAL

O PP considera que son os peores datos que Galiza podería recibir

Os populares critican o incremento do desemprego no último ano e acusan ao bipartido de política de "autobombo".

Redacción - 14:00 24/07/2008
Tags: emprego PP

Os datos difundidos hoxe polo INE deixan aberta a porta, unha vez máis, a lecturas ben diferentes. Se ben é certo que no último trimestre o paro descendeu, tamén o é que se comparamos co ano anterior o número de desempregados nestes tres meses son máis que os que había no 2007. Nestas cifras incide o Partido Popular, quen considerou esta a peor noticia que podiamos recibir no Día de Galiza.

A voceira de Traballo do Grupo Popular, Beatriz Mato, considera o incremento do paro en 11.200 persoas respecto ao mesmo trimestre do ano pasado unha consecuencia directa da política de "fotos e autobombo", da que acusa ao goberno bipartito. Tamén acusa á Xunta de limitarse a discursos autocompracentes e de promover acordos baleiros de contido. Ademais, pide que explique como se pretenden crear os 30.000 postos de traballo incluídos nas previsións económicas para este 2008.

O PP tamén chama a atención sobre o deterioro da situación laboral das mulleres e afirma que as diferenzas entre os datos galegos e os españois se deben ao escaso incremento da poboación activa, que medra só o 1,22%, situando a Galiza no terceiro lugar do Estado, só superada por Navarra e Euskadi.


1/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: