Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
"Socialistas e republicanos"

Espazo Aberto organízase tamén dentro de Galiza Nova

As mocidades da nova corrente nacionalista, que antes de fin de ano creará un novo partido dentro do BNG, presentan a campaña "Pola esquerda, República Galega".

Redacción - 12:00 24/07/2008

"Temos como referente ao proceso Espazo Aberto dentro do BNG, e recollemos a estrutura do socialismo e do republicanismo que xa funcionaba no seo de Galiza Nova para abrirmos un período de tempo para sumar máis mozos e mozas a este proxecto en marcha", explicou Paulo Carlos López, voceiro do colectivo, durante a presentación este mércores dunha iniciativa coa que din aspirar a "atraer máis xente ao nacionalismo organizado".

Con esa fin, e baixo a plataforma provisionalmente bautizada "Un Espazo Aberto en Galiza Nova", deseñaron unha campaña cara a este 25 de xullo baixo o título "Pola Esquerda, República Galega" e que inclúe unha publicación especial que se distribuirá durante o Festigal. Segundo explicou Irene Quintela, unha das coordinadoras da revista, trátase dun espazo "enfocado á diversificación de temas e colaboradores". Entre outros, inclúese un artigo de Gerard Coca, portavoz das Joventuts d'Esquerra Republicana de Catalunya. Tamén escriben Abel López Soto, alcalde de Sada, e Charo Fernández Velho, secretaria de Acción Feminista do BNG.


Ligazóns

3,69/5 (16 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: