Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Lusofonía

Xestionado por Vieiros
RSS de Lusofonía
DISPUTOUSE NA CHINA

Un equipo portugués, campión do mundo de fútbol robótico

O grupo Cambada, da Universidade de Aveiro, venceu na final ao Tech United de Eindhoven por 7-1.

Redacción - 12:50 22/07/2008
O equipo, posando no campionato nacional / Cambada

O equipo, posando no campionato nacional / Cambada

O equipo da Universidade de Aveiro foi o gañador do campionato do mundo de fútbol robótico, que se disputou en Suzhou (China). O grupo Cambada (Cooperative Autonomous Mobile roBots with Advanced Distributed Architecture) gañou o título mundial na liga de tamaño medio, na que se enfroutou a trece equipos de todo o mundo.

A competición consistiu no enfrontamento de dous equipos de seis robots autónomos nun campo de fútbol de 18 por 12 metros. Os 'futbolistas' miden até 80 centímetros de alto e pesan até 40 quilos, e forman parte de investigacións sobre visión artificial, control dinámico, intelixencia artificial, fusión sensorial e cooperación robótica.

Cambada conseguiu o primeiro lugar fronte á holandesa Tech United de Eindhoven e a alemá Braistormers Tribots. Os portugueses gañaron 11 dos 13 partidos, e os que perderon fixérono pola mínima. A final saldouse con 7 goles a 1 fronte a Tech United.

O equipo Cambada formouse en outubro de 2003, segundo informa Ciência Hoje, a partir dun grupo de docentes e investigadores do Instituto de Engenharia Electrónica e Telemática de Aveiro. Antes de seren campións do mundo xa acadaran o segundo título de campións nacionais nun festival que tivo lugar en Aveiro en abril.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: