Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Logo da denuncia do PPdeG

O alcalde de Muxía, imputado polo caso da suposta axente electoral do PSdeG

Os populares piden que declare o conselleiro Ricardo Varela, a deputada Marisol Soneira e o secretario xeral de Emigración, Manuel Luís Rodríguez.

Redacción - 13:45 21/07/2008
Félix Porto deberá comparecer o 6 de agosto. Na imaxe, con Touriño, nunha foto de arquivo

Félix Porto deberá comparecer o 6 de agosto. Na imaxe, con Touriño, nunha foto de arquivo

O maxistrado do Xulgado de Instrución Número 1 de Corcubión citou a declarar como imputado ao alcalde de Muxía, o socialista Félix Porto, logo de admitir a trámite unha querela do PPdeG en relación co caso da suposta axente electoral do PSdeG María Isabel Blanco.

Alfonso Rueda, secretario xeral do PPdeG, anunciou este luns a información, e salientou que o xuíz decretou o inicio de actuacións para o esclarecemento dos feitos logo de que a comisión parlamentaria de investigación pechou, ao seu xuízo, "con conclusións vergoñosas".

O auto xudicial -notificado o pasado 15 de xullo e que segundo Rueda, o PSdeG "coñéceo dende a semana pasada e non dixo nada"-, sinala que os feitos denunciados polo PPdeG poden ser constitutivos de delito de fraude de subvencións e malversación, polo que o xulgado abre dilixencias previas "para investigación e esclarecemento dos feitos, os seus autores e circunstancias".

Os populares queren que declaren tamén o secretario de Organización do PSdeG e conselleiro de Traballo, Ricardo Varela, pola subvención concedida por este departamento para a contratación da suposta axente electoral; a responsábel de Emigración do partido, Marisol Soneira; e o secretario xeral de Emigración, Manuel Luís Rodríguez, entre outros.

Porto, "punta do iceberg"
Para o PPdeG, o alcalde de Muxía -que está citado para o 6 de agosto ás 11.30 horas- "só é a punta do iceberg".

"Sabemos que a axente electoral foi contratada con diñeiro da Consellaría de Traballo para traballar en Ourense e estivo en Vimianzo ás ordes do alcalde de Muxía; sabemos tamén que fixo unha viaxe pagada con fondos públicos sobre supostos falsos; que a viaxe foi tramitada por Marisol Soneira, e que María Isabel Blanco estivo, mentres cobraba dunha subvención pública, facendo traballos electorais para o PSOE en Arxentina", sinalou Rueda.


Ligazóns

3,5/5 (6 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: