Os sitios web españois que venden politonos e fondos de pantalla para móbiles incumpren a normativa sobre protección dos consumidores, segundo un estudo da Comisión Europea.
Descargas enganosas
Un 80% dos sitios que se controlaron no estudo detectaron irregularidades tales como a falta de información sobre o prezo das descargas ou publicidade enganosa. Pero esta porcentaxe increméntase ata o 100% no caso de España, xa que dos 25 sitios investigados, todos eles vulneraban a normativa comunitaria sobre protección de consumidores.
A investigación centrouse neste tipo de webs debido á cantidade de queixas presentadas por parte dos usuarios e a que é un mercado emerxente a escala europea.
A meirande parte das irregularidades detectadas refírense á falta de información sobre como poñerse en contacto co vendedor dos politonos, publicitar unha descarga como gratuíta cando non o é ou non expoñer os prezos concretos de cada politono ou fondo de pantalla.
Unha vez detectadas as anomalías, o Instituto Nacional de Consumo vaise dirixir a estes sitios web para que as corrixan. Se non o fan, as autoridades teñen poderes para pechar as páxinas, multar ás empresas ou mesmo levalas ós tribunais.
FWWWRANDO