Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Estudo de Banif, filial do Banco Santander

Máis de 25 mil galegos teñen un patrimonio financeiro superior a 300 mil euros

O volume total acumulado por estes -depositado nun banco- ascende a case 20 mil millóns de euros, e a media sitúase en 800 mil.

Redacción - 10:45 18/07/2008

Un total de 25.942 galegos contan cun patrimonio financeiro superior aos 300 mil euros. Este é un dos datos que se extraen do estudo realizado por Banif, filial do español Banco Santander, e que analiza o capital acumulado nos bancos de Galiza.

O volume total destas persoas ascende a 19.747 millóns de euros, o 4% do total do Estado, o que sitúa a media do seu patrimonio en 825.164 euros (a media estatal é de 1.1 millóns) Por cidades salienta Vigo, que conta con perto de dúas mil persoas cun patrimonio financeiro superior aos 300 mil; A Coruña, con máis de 1.500; ou Ourense con máis de 1.200.

Ademais, segundo o estudo, con data 31 de decembro de 2006, o Estado Español contaba cun PIB por habitante de 22.152 euros, mentres que no noso país descendía até os 18.335 euros. Por último, recolle que hai unha oficina bancaria para cada 1.163 españois, e unha por cada 1.184 galegos.


5/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: