O luns chega ás librarías de todo o país a obra gañadora do premio de literatura erótica Narrativas Quentes. Ofrecémoslles un avance en Vieiros para iren 'quentando a boca'.
Rexeitada nalgunha editorial por "irreverente", a novela gañadora do último premio de literatura erótica Narrativas Quentes, Os milagres de Cristamar, chega ás librarías este luns.
A obra, de Chelo Suárez, fíxose merecedora do galardón que convoca anualmente Edicións Positivas logo de quedar deserto con anterioridade.
Francisco Macías, director da editorial -que tamén publica o libro-, salientou a calidade do libro, "cunha escrita que te enreda e te secuestra, cunha lingua moi elaborada sen que o pareza".
Ambientada en 'Cristamar' (A Coruña), "cando o famoso terremoto de Lisboa", "a novela é tan intensa como curta, hai prostitutas, monxas, hermafroditas e castratos mariñeiros...".
En Vieiros ofrecémoslles un avance para iren 'quentando a boca'...